sábado, 31 de diciembre de 2016

PARA INVESTIGAR NESTE SEGUNDO TRIMESTRE

    Dando continuidade á dinámica de traballo aplicada no primeiro trimestre, seguiremos, neste segundo, adicando unha parte do noso tempo a investigar sobre a cultura, os costumes e as formas de vida do pobo romano na antigüidade. Cada equipo terá que ter concluída a elaboración do traballo o día  20 de xaneiro, para poder facer as correccións oportunas de xeito previo á súa exposición -segunda semana de febreiro-.

Tres dos traballos xirarán entorno á vida privada:

a- A ALIMENTACIÓN
LUCÍA E MARCELO

- Información no tema III do libro de texto e nos dous enlaces que se engaden: 

b- A INDUMENTARIA MASCULINA E FEMININA
VERÓNICA E MARTA  

- Información no tema IV do libro de texto e nos tres enlaces que se engaden:  

c- O NOME NOS HOMES E MULLERES. O PAPEL DA MULLER NA FAMILIA
CRISTIAN E RAÚL  

- Información nos temas I e VII do libro de texto e nos dous enlaces que se engaden: 


O cuarto deberá informar acerca dun aspecto ben curioso da vida pública:

d- OS ESPECTÁCULOS -teatros, anfiteatros e circos-. A súa relación cos xéneros literarios
ROSALÍA E LAURA  

- Información nos temas  III, IV e V do libro de texto e nos dous enlaces que se engaden:  
Sobre xéneros literarios recóllese información ao remate do libro de texto: cómpre enumeralos e definilos. No que debedes afondar un pouquiño máis e no teatro, explicando a comedia e relacionándoa cos espazos anteriores.
 

     Lembrade que debedes facer o voso traballo de investigación en galego e por parellas, distribuíndo as tarefas de xeito equitativo. Teredes que facer unha exposición oral con apoiatura dixital, demostrando de xeito aceptable o voso dominio do tema asignado.


jueves, 1 de diciembre de 2016

HISTORIA DA LINGUA LATINA

     
      Podedes consultar nesta presentación datos interesantes para o voso coñecemento da historia da lingua latina. Cómpre que saibades extraer datos relevantes referidos aos seguintes aspectos:

- Que é o indoeuropeo e como se chegou á conclusión de que existiu hai miles de anos?
- Pegada do indoeuropeo en Europa e Asia
- Proceden todas as linguas europeas deste antigo sistema lingüístico? Ofrece datos obxectivos
- Era o latín a única lingua europeo da Península itálica?
- De que modalidade do latín parten as linguas romances ou románicas para a súa formación?
- Cales son as linguas románicas que se usan en Europa e que espazos xeográficos ocupan?