Dando continuidade á dinámica de traballo aplicada no primeiro trimestre, seguiremos, neste segundo, adicando unha parte do noso tempo a investigar sobre a cultura, os costumes e as formas de vida do pobo romano na antigüidade. Cada equipo terá que ter concluída a elaboración do traballo o día 20 de xaneiro, para poder facer as correccións oportunas de xeito previo á súa exposición -segunda semana de febreiro-.
Tres dos traballos xirarán entorno á vida privada:
a- A ALIMENTACIÓN
LUCÍA E MARCELO
- Información no tema III do libro de texto e nos dous enlaces que se engaden:
b- A INDUMENTARIA MASCULINA E FEMININA
VERÓNICA E MARTA
- Información no tema IV do libro de texto e nos tres enlaces que se engaden:
c- O NOME NOS HOMES E MULLERES. O PAPEL DA MULLER NA FAMILIA
CRISTIAN E RAÚL
- Información nos temas I e VII do libro de texto e nos dous enlaces que se engaden:
O cuarto deberá informar acerca dun aspecto ben curioso da vida pública:
d- OS ESPECTÁCULOS -teatros, anfiteatros e circos-. A súa relación cos xéneros literarios
ROSALÍA E LAURA
Sobre xéneros literarios recóllese información ao remate do libro de texto: cómpre enumeralos e definilos. No que debedes afondar un pouquiño máis e no teatro, explicando a comedia e relacionándoa cos espazos anteriores.
Lembrade que debedes facer o voso traballo de investigación en galego e por parellas, distribuíndo as tarefas de xeito equitativo. Teredes que facer unha exposición oral con apoiatura dixital, demostrando de xeito aceptable o voso dominio do tema asignado.