jueves, 9 de febrero de 2017
sábado, 31 de diciembre de 2016
PARA INVESTIGAR NESTE SEGUNDO TRIMESTRE
Dando continuidade á dinámica de traballo aplicada no primeiro trimestre, seguiremos, neste segundo, adicando unha parte do noso tempo a investigar sobre a cultura, os costumes e as formas de vida do pobo romano na antigüidade. Cada equipo terá que ter concluída a elaboración do traballo o día 20 de xaneiro, para poder facer as correccións oportunas de xeito previo á súa exposición -segunda semana de febreiro-.
Tres dos traballos xirarán entorno á vida privada:
a- A ALIMENTACIÓN
LUCÍA E MARCELO
- Información no tema III do libro de texto e nos dous enlaces que se engaden:
b- A INDUMENTARIA MASCULINA E FEMININA
VERÓNICA E MARTA
- Información no tema IV do libro de texto e nos tres enlaces que se engaden:
c- O NOME NOS HOMES E MULLERES. O PAPEL DA MULLER NA FAMILIA
CRISTIAN E RAÚL
- Información nos temas I e VII do libro de texto e nos dous enlaces que se engaden:
O cuarto deberá informar acerca dun aspecto ben curioso da vida pública:
d- OS ESPECTÁCULOS -teatros, anfiteatros e circos-. A súa relación cos xéneros literarios
ROSALÍA E LAURA
Sobre xéneros literarios recóllese información ao remate do libro de texto: cómpre enumeralos e definilos. No que debedes afondar un pouquiño máis e no teatro, explicando a comedia e relacionándoa cos espazos anteriores.
Lembrade que debedes facer o voso traballo de investigación en galego e por parellas, distribuíndo as tarefas de xeito equitativo. Teredes que facer unha exposición oral con apoiatura dixital, demostrando de xeito aceptable o voso dominio do tema asignado.
jueves, 1 de diciembre de 2016
HISTORIA DA LINGUA LATINA
Podedes consultar nesta presentación datos interesantes para o voso coñecemento da historia da lingua latina. Cómpre que saibades extraer datos relevantes referidos aos seguintes aspectos:
- Que é o indoeuropeo e como se chegou á conclusión de que existiu hai miles de anos?
- Pegada do indoeuropeo en Europa e Asia
- Proceden todas as linguas europeas deste antigo sistema lingüístico? Ofrece datos obxectivos
- Era o latín a única lingua europeo da Península itálica?
- De que modalidade do latín parten as linguas romances ou románicas para a súa formación?
- Cales son as linguas románicas que se usan en Europa e que espazos xeográficos ocupan?
lunes, 7 de noviembre de 2016
OS ROMANOS E O COIDADO PERSOAL
Xa para rematar, Marta e Verónica investigaron sobre o interese que nos romanos despertaba o coidado persoal. Neste traballo podedes atopar os resultados da súa tarefa, interesante, sobre todo, nos aspectos referidos ás termas:
A SOCIEDADE NA ROMA ANTIGA
Raúl e Cristian aportarannos unha visión xeral da composición da sociedade e das características dos seus grupos ao longo das distintas etapas políticas da antiga Roma.
viernes, 4 de noviembre de 2016
A FAMILIA ROMANA
Co traballo de Laura e Rosalia, poderemos coñecer cal era a estrutura e funcionamento das familias na Roma clásica.
A VIVENDA ROMANA
Lucía e Marcelo elaboraron este traballo sobre a vivenda romana. Na semana vindeira exporano oralmente; mentres tanto, podedes ir entrando en materia...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
